Prezados alumnos,
Infórmovos de que o luns, 3 de novembro, haberá unha conferencia sobre a tradución de obras literarias galegas no sistema editorial italiano ás 16:30 a cargo de Chiara Albertazzi (doutoranda da Universidade de Boloña). Será na aula 10 do Complesso Beato Pellegrino.
Tendes o cartel coas informacións subido na carpeta “Anuncios” no Moodle do lectorado deste ano académico 2025-2026. O evento está aberto a todos os interesados.
Un saúdo cordial,
Pedro