Conversa con Suso de Toro (xoves, 27 de novembro)

Conversa con Suso de Toro (xoves, 27 de novembro)

di Pedro Basalo Bembibre -
Numero di risposte: 0

Prezados alumnos,

Infórmovos de que mañá, xoves, 27 de novembro, terá lugar un encontro por videoconferencia co escritor galego Suso de Toro. Xunto con Manuel Rivas, Suso de Toro é dos novelistas vivos máis importantes da literatura galega contemporánea. Falaremos de literatura, de xornalismo e da lingua galega. O autor intervirá en galego e eu traducirei ao italiano.

Se vos apetece participar, o evento terá lugar ás 18:00 presencialmente en Údine, no Spazio Bottega, de Bottega Errante Edizioni. Tamén o podedes seguir en liña por Zoom. Aquí tedes a ligazón e as credenciais:

Argomento: Videoconferenza con lo scrittore Suso De Toro

Ora: 27 nov 2025 05:45 PM Roma

https://us06web.zoom.us/j/82357297227?pwd=IUbEt87nBohblBAAKWOy6RVjUO2WY1.1

ID riunione: 823 5729 7227

Codice d’accesso: 696903

Un saúdo cordial,

Pedro