Curso de verán galego (xullo 2026)

Curso de verán galego (xullo 2026)

di Pedro Basalo Bembibre -
Numero di risposte: 0

Prezados estudantes,

Acábase de publicar a convocatoria para participar nos cursos de verán de galego, que este ano terán lugar do 3 ao 24 de xullo. O requisito para optar a unha das bolsas é ter cursado o lectorado de galego ou a materia de Literatura galega.

O folleto informativo queda na carpeta “Anuncios” na sección do lectorado. Recordade que para poder participar, antes de remitir a documentación á secretaría dos cursos, é necesario enviarnos á profesora Fassanelli ou a min unha carta de motivación na que expliquedes o voso interese por acudir a este curso e o voso CV.

Se necesitades información adicional, contactade coa profesora Fassanelli ou comigo.

Saúdos cordiais,

Pedro